Obradoiro | Foguetes, unha parte fundamental da exploración espacial

A Coruña
25 de setembro, 18:00 a 21:00 h
Presencial
Todos os públicos

PRAZAS | Acceso libre
LUGAR| Dársena da Mariña ( inmediacións Sede Autoridade Portuaria)  (A Coruña)
ORGANIZA | Universidade da Coruña

Descrición do obradoiro

Neste obradoiro presentaranse as capacidades dos satélites en órbita para a visualización e análise da superficie terrestre. Se ben, para que os satélites acaden a súa órbita é imprescindible a utilización de foguetes para o seu transporte ata a órbita desexada. Os participantes deste obradoiro poderán construír o seu propio foguete e empregar a nosa plataforma de lanzamento para comprobar que altura é capaz de acadar.

Persoas investigadoras:
Antonio José Álvarez Naveira (CITEEC, ETS. Camiños)
Félix Nieto Mouronte (CITEEC, ETS. Camiños)
Poorya Poozesh (CITEEC, ETS. Camiños)
Brais Villaverde Rodríguez (ETS. Camiños)