Obradoiro | Homo, Pongo, Pan: quen é quen na árbore evolutiva dos primates

A Coruña
25 de setembro, 18:00 a 21:00 h
Presencial
Todos los públicos

PRAZAS | Acceso libre
LUGAR| Dársena da Mariña (inmediacións Sede Autoridade Portuaria)
ORGANIZA | Universidade da Coruña

Descrición do obradoiro

Neste taller descubriremos como a ciencia reconstrúe as relacións de parentesco entre os primates e cal é o noso lugar na árbore da evolución. A través de xogos de identificación, moldes de cranios de homínidos e un quebracabezas filoxenético, observaremos as características que compartimos con outros primates e a nosa relación con parentes extintos como os neandertales. Ao final, os participantes poñerán a proba o aprendido coa reconstrución da árbore evolutiva da nosa especie.

 

Persoas investigadoras:

Gloria González Fortes (coordinadora, Facultad de Ciencias, Insitituto Universitario de Xeoloxía)
Aurora Grandal d’Anglade (Facultad de Ciencias, Insitituto Universitario de Xeoloxía)
Ana García Vázquez (Insitituto Universitario de Xeoloxía)
Eva Fernández Bejarano (Facultad de Ciencias, Insitituto Universitario de Xeoloxía)
Shaymae Iken (Insitituto Universitario de Xeoloxía)