Obradoiro Museo de Belas Artes | Unha obra agochada

A Coruña
25 de setembro, 18:00 a 19:30 h
Presencial
Tipo de público | Familias con crianzas de 6 a 10 anos. O prazo de inscrición abrirase a partir do 22 de setembro ás 10:00 horas na seguinte ligazón.

 PRAZAS | 10 crianzas, cada unha acompañada por unha persoa adulta
LUGAR| Museo de Belas Artes da Coruña  (A Coruña)
ORGANIZA | Universidade da Coruña e Museo de Belas Artes da Coruña. 

 Descrición do obradoiro

Unha obra agochada é unha experiencia participativa que convida as familias a descubrir unha obra do museo sen vela inicialmente. A través de pistas, descricións e diferentes estímulos sensoriais, as persoas participantes irán construíndo a súa propia interpretación ata que, finalmente, se revele a obra.

A actividade permitirá reflexionar, dunha maneira lúdica, sobre como percibimos e experimentamos a arte, sobre a diversidade de formas de acceder a ela e sobre a importancia de crear contornas culturais máis accesibles e inclusivas para todas as persoas.

 Persoa investigadora | Mercedes Seoane Bouzas (Terapeuta Ocupacional, Facultade de Ciencias da Saúde, Universidade da Coruña)