Obradoiro | Terapia avanzada CAR – T, potenciando a nosa resposta inmune

A Coruña
25 de setembro, 18:00 a 21:00 h
Presencial
Todos os públicos

PRAZAS | Acceso libre
LUGAR| Dársena da Mariña ( inmediacións Sede Autoridade Portuaria)
ORGANIZA | Universidade da Coruña

Descrición do obradoiro

Este obradoiro axuda a que o público coñeza as terapias avanzadas utilizadas na investigación oncolóxica, neste caso, a inmunoterapia CAR-T. Durante o obradoiro realizarase unha mostra de cambio de cor con iodo e vitamina C para diferenciar a potencia antitumoral do sistema inmune normal vs as células modificadas xenéticamente do sistema inmune que se utilizan nas terapias CAR-T.

Persoas investigadoras: Persoas voluntarias da Asociación Española Contra o Cancro en A Coruña