Obradoiro | Vivir con artrose ou dor de xeonllo: avaliación, automanexo e exercicio terapéutico

A Coruña
25 de setembro, 18:00 a 21:00 h
Presencial
Tipo de público | Persoas maiores de 60 anos

PRAZAS | Acceso libre
LUGAR| Dársena da Mariña (inmediacións Sede Autoridade Portuaria)  (A Coruña)
ORGANIZA | Universidade da Coruña

Descrición do obradoiro

Realizaranse diferentes probas sinxelas para avaliar o estado funcional dos xeonllos e interpretarase o significado dos resultados obtidos. A partir desta avaliación, presentaranse estratexias de automanexo baseadas na evidencia científica actual e recomendaciónes específicas de exercício terapéutico para manter e mellorar a mobilidade, a forza e a función das persoas con artrose ou dor de xeonllo.

Persoas investigadoras:
Beatriz Rodríguez Romero, Facultade de Fisioterapia
Isabel Tuñas Maceiras, Facultade de Fisioteraia e CITIC