Obradoiros IEO | Espazo anexo do Marco

Vigo
27 de setembro de 2024
17:00 a 21:00 h
Presencial
Público xeral

PRAZAS: ACCESO LIBRE

LUGAR | Espazo Anexo do MARCO (Rúa Londres)
ORGANIZA | Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC)

Persoal investigador e técnico do Centro Oceanográfico de Vigo compartirá o seu traballo coa sociedade a través de talleres científicos, poñendo o foco no labor de asesoramento científico que realiza para diferentes administracións.

Estes talleres, a modo de pequenos laboratorios, permitirán que público de todas as idades poida mergullarse de forma práctica e amena en temas nos que traballa o IEO como a contaminación mariña, a oceanografía, a reprodución dos peixes ou as campañas de investigación. Os talleres, ademais de permitir que o público asistente descubra de primeira man o traballo que realiza o IEO, a finalidade coa que se leva a cabo e os desafíos que se lles presentan, tamén permitirán que os asistentes poidan interactuar co persoal que desenvolve estas actividades. O fío condutor dos talleres será o labor de asesoramento científico que leva a cabo o Centro Oceanográfico de Vigo.