Obradoiros no Mercado Municipal

Lugo
18.00 a 22.00 h
Presencial
Público familiar

Prazas: consultar cada obradoiro

LUGAR | Mercado Municipal
ORGANIZA | Xuvenciencia e Agromar (Universidade de Santiago de Compostela)

> Robótica e Intelixencia Artificial

A robótica ven sendo unha ferramenta habitual na automatización de procesos industriais que involucren tarefas repetitivas ou perigosas.  Nos últimos anos, a introducción da Intelixencia artificial e a visión artificial no control dos robots e automatismos permite unha maior flexibilidade e adaptación destes sistemas a contornas cambiantes. Ven a ver como funciona un robot controlado mediante unha Intelixencia artificial especializada na visión artificial e recoñecemento de persoas.

Todas as idades | duración aproximada: 30 min

> Ciencia á FeirA

O proxecto do grupo de innovación docente do Campus de Lugo da USC foi seleccionado pola FECYT na convocatoria de axudas ao fomento da cultura científica. As actividades aproveitarán os mercados tradicionais para abordar contidos como os montes veciñais en mán común, que facer se nos atopamos unha velutina e xunt@s frente á resistencia aos antimicrobianos. Organizaranse obradoiros para escolares e adultos en Castro de Rei, Castroverde, A Fonsagrada, Foz, Nadela (Lugo), Melide, Palas de Rei e Triacastela.

Todas as idades

> Areeiro de realidade aumentada

Seguindo un modelo desenvolto na Universidade de Davis móstrase un simulador de mapas topográficos en 3D interactivo que se actualiza en tempo real cando o manipula o usuario. Tamén se pode simular a escorrentía de augas cando se “fai chover” sobre o terreo.

Todas as idades | duración aproximada: 15 min.

> Hardware de baixo custo e código aberto para control medioambiental

Uso e programación de microcontroladores de baixo custe (Arduino, ESP32,…) para medir variables ambientais (temperatura e humidade relativa do aire, temperatura do solo, humidade do solo, pH da auga,….), rexistralas e transmitilas a través da rede.

Maiores de 16 anos | 30 min

> A microsimulación para a xestión da mobilidade nas cidades

Para estudar o comportamento do tráfico de vehículos e das persoas nos entornos urbanos estanse a empregar cada vez máis os modelos de microsimulación por computador. Os resultados destas simulacións permiten tomar decisións sobre os ciclos semafóricos, a ubicación dos pasos peonís ou elixir a alternativa máis efectiva na xestión da mobilidade de vehículos e peóns en contornos complexos.

Maiores de 14 anos | 20 min

> Impresión 3D

É raro o día no que non apareza unha noticia relacionada co modelado e impresión 3D e as súas aplicacións, e é que, cada día os ámbitos nos que se poden utilizar van en aumento. Atopámonos con usos na enxeñería, arquitectura, automoción…, e mesmo en campos tan diferentes como a moda e a veterinaria ou a medicina! Achégate e verás como funciona unha impresora 3D

Todas as idades

> Un bosque nun chiscar de ollos

A actividade consistirá na exposición de diferentes especies vexetais cultivadas in vitro, seguido dunha demostración da técnica de propagación in vitro e microenxerto. Resolveremos cuestións como: Por que clonamos as árbores? Cantas árbores se poden producir nun ano utilizando o cultivo in vitro? Como seleccionamos os individuos a clonar?

Todas as idades | 30 min

> Quen ten máis proteína?

As proteínas contribúen ao aumento e conservación da masa muscular, e ao mantemento dos ósos en condicións normais, o que as posiciona como un macronutriente imprescindible na alimentación. Neste obradoiro determinarase o contido de proteína de diferentes tipos de leite e de bebidas vexetais para ver cal nos aporta unha maior cantidade de proteína.

Maiores de 12 anos | 15 min

www.xuvenciencia.org