
Santiago
18.00 a 21.30h
Presencial
Público en xeral
LUGAR | Xardíns do Pazo de Fonseca
ORGANIZA | Universidade de Santiago de Compostela
Acompáñanos nos seguintes obradoiros programados:
Desenvolvemento sostible liderado pola biotecnoloxía ambiental
Dentro das accións encamiñadas á consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible, unhas moi relevantes son aquelas relacionados coa auga e o consumo responsable. Nestes obradoiros veremos como se limpa a auga de contaminantes co fin de obter unga auga adecuada para o consumo.
A química no día a día
Diversos experimentos divertidos no que xogaremos con reaccións químicas.
Fabrica o teu anticorpo
Construirás o teu anticorpo e poderás levalo contigo.
As plaquetas: Dr. Jeckyll e Mr. Hyde
Experiencia práctica para amosar o lado máis escuro das plaquetas. Aquí simúlase o que ocorre nas veas / arterias cando hai unha lesión vascular. As plaquetas protexémonos do sangrado pero tamén poden formar trombos, coágulos que causan dor e requiren tratamento.
Biotecnoloxía na cociña
Extraeremos con vos ADN utilizando cousas que atopamos na cociña das nosas casas.
Robótica
Interacción home-robot e manipulación robótica. Presentaranse un brazo robotizado, controlado por un computador.
Scalextric-IA
Carreira entre dous coches: un equipado con intelixencia artificiale o outro controlado por ti coa axuda dun controlador.
CystAnalyser
Veremos como un programa de ordenador nos pode axudar a deseñar novosmedicamentos para enfermidades xenéticas.
NL4XAI-MeteoText
Imos xerar de forma automática descricións meteorolóxicas a curto prazo cunha linguaxe sinxela, a partir dos datos de predición que nos cheguen de Meteogalicia.
Menelaos_NT e MISEL
Cámaras que capturan imaxes en 3D e que imitan ao cerebro.
NOTA: A entrada será sen rexistro previo. Será obrigatorio o uso da máscara e distancia de seguridade.