Vigo
Horario | 19.30 H – 20.30 H
Punto de encontro | Terraza do Centro Comercial A Laxe
Organiza | Fundación FCEER
Público xeral
Prazas ata completar aforo
Observación do solpor sobre as Illas Cíes
Acompáñanos nesta experiencia astronómica desde a ría de Vigo.
Contaremos coa explicación de dous monitores certificados Starlight, que nos axudarán a comprender que acontece no ceo mentres o sol se despide.
Ademais, dispoñeremos de prismáticos e telescopios para observar o ceo e o horizonte.
Actividade organizada pola Fundación CEER, líder do proxecto Atlantic Sunset. Conta co apoio e dinamización de Begoña Estévez Brao e Antonio Pazos Pérez, monitores StarLight (Fundación StarLight) e divulgadores astronómicos (FAEE) de Corvus Maris.
Fotografía: Centro Comercial A Laxe
