Charla RAGC | O metro calculado por un galego do século XX

Santiago de Compostela
Presencial
Horario: 19.00 h.

LUGAR | Sede Afundación. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela
ORGANIZA | Real Academia Galega de Ciencias

 

O METRO CALCULADO POR UN GALEGO DO SÉCULO XIX

Relator | Xabier Pérez Couto
Matemático e investigador na Universidade da Coruña

Nesta palestra falaremos sobre como unha expedición científica que tiña como obxecto calcular a distancia entre un campanario en Dunkerque e un castelo en Barcelona serviu para establecer a unidade básica de distancia que coñecemos como o “metro”. Como en moitos outros sarillos da historia, un galego estivo involucrado: José Rodríguez González, tamén coñecido como Matemático Rodríguez ou o Matemático de Bermés.

Considerado como o primeiro científico galego, contribuíu non só ao cálculo do metro senón que tamén á determinación da verdadeira forma da Terra, probando que esta, lonxe de ser unha esfera perfecta, atópase achatada polos Polos.

 

INSCRICIÓN