Paseo científico na embarcación Inndaga

Vigo
Dende as 15.00 h
Presencial
Adultos e nenas/os (> 12 anos)

Prazas: 12
LUGAR | Porto pesqueiro de Vigo
ORGANIZA | Centro de Investigación Mariña (CIM) – Universidade de Vigo

 

Anímate a descubrir os segredos da Ría de Vigo, coñecendo de primeira man as técnicas de mostraxe de sedimentos e caracterización de propiedades físicas da auga e do fondo mariño que emprega o persoal investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM). É unha oportunidade única para afondar no traballo diario de investigación que realizan para estudar este singular ecosistema a bordo da embarcación Inndaga.
Faranse 3 saídas de 1 hora cada unha e haberá 4 prazas por saída.

A saída estará condicionada pola meteoroloxía, polo que existe a posibilidade de que esta actividade sexa cancelada a última hora se as condicións non garanten a seguridade da mesma.
As persoas participantes deben acudir con roupa de abrigo e calzado impermeable. Ademais, terán que aportar os seus datos persoais para dar cobertura co seguro a todos os asistentes (requisito obrigatorio).

Para esta actividade é necesario inscribirse no seguinte enlace. Confirmarase a praza vía correo electrónico e haberá unha lista de agarda de ser o caso.

Reservar praza