Roteiro literario | Coñece Pontevedra a través das súas letras

Pontevedra
De 10.00 a 12.00 h
Presencial
Público xeral

LUGAR | Igrexa de San Francisco (partida)
ORGANIZA | Universidade de Vigo

Paseo pola Pontevedra literaria

Paseo por diferentes lugares da cidade que teñen algunha significación do punto de vista literario.
Centraremos o noso paseo en familiarizarnos cos diferentes períodos literarios e como estes se plasman nos lugares visitados, ademais de familiarizarnos cos autores ou autoras que destacaron nesa época e cuxos textos se poderían relacionar co espazo visitado.

Como colofón, contaremos coa presenza da escritora Fina Casalderrey, na que salientará a relación da súa obra coa cidade de Pontevedra.

INSCRICIÓN

 

Pontevedra literaria