INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

 De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento (UE) 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou “RXPD”) e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais,  informámoslle que os datos que vostede nos facilite nas diferentes actividades do proxecto, serán tratados baixo a corresponsabilidade da Universidade de Vigo (UVIGO), a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Universidade da Coruña (UDC), a Fundación Centro tecnolóxico de telecomunicacións de Galicia (GRADIANT), o Consorcio Instituto tecnolóxico matemática industrial (CITmaga – ITMATI), a Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS), a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Sociedad Española de Bioquímica y Biología Molecular (SEBBM) coa finalidade de realizar as actividades do proxecto de investigación Galician Night of Researchers, acrónimo G-NIGHT.

A lexitimación do tratamento dos datos persoais baséase no cumprimento da función de creación, desenvolvemento, transmisión e crítica da ciencia, da técnica e da cultura e a difusión, valorización e transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade de vida e do desenvolvemento económico e está amparada pola Lei orgánica 6/2001, de 21 de decembro de universidades e a Lei 14/2011, de 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a Innovación así como a convocatoria específica que regula o programa do proxecto Horizonte 2020 – Ciencia Excelente –MSCA publicada no DOUE do 14/06/2020 e o seu acordo de subvención nº 101035979.

Así mesmo, a lexitimación do tratamento tamén se basea no consentimento especificado das persoas afectadas, regulado no artigo 6.1.a) do RXPD. As persoas afectadas teñen dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento. A retirada do consentimento non afectará á licitude do tratamento baseada no consentimento previo a súa retirada.

No caso de participación en proxectos de investigación, os datos persoais serán recollidos garantindo sempre a privacidade de cada participante, así como a súa seguridade e confidencialidade. O persoal investigador que participa no proxecto e sobre o que recae a obriga de confidencialidade, cando sexa necesario para a finalidade da investigación, terá acceso a súa información de carácter persoal.

Non se prevén comunicacións nin transferencias internacionais dos seus datos persoais fora da actividade investigadora excepto as especificadas no acordo de subvención, as exixidas legalmente e en determinadas actividades para as que prestou o seu consentimento.

A publicación dos resultados da investigación en ningún caso suporá a publicación referente aos seus datos persoais excepto se os responsables do tratamento solicitan expresamente o seu  consentimento.

Os datos persoais trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir cos obxectivos da investigación. Ao finalizar este prazo, os datos recollidos serán eliminados ou gardados de forma anónima, previa disociación dos mesmos. Se estes datos foxen necesarios para utilizar en futuras investigacións, se lle solicitará expresamente o consentimento.

As persoas interesadas teñen dereito a solicitar aos co-responsables do Tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. Tamén terán dereito a oporse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Os devanditos dereitos poderán exercerse a través da sede electrónica da entidade coordinadora do proxecto:

Universidade de Vigo https://sede.uvigo.gal/ (preferentemente a través do procedemento específico SXER – Exercicio dereitos sobre protección de datos)

Así mesmo, as persoas interesadas poderán dirixirse ante calquera das entidades socias co-responsables do tratamento dos datos persoais que as tramitarán de conformidade coa normativa de protección de datos persoais.

Todas as solicitudes relativas aos dereitos exercidos de conformidade cos artigos 12 ao 22 do Regulamento Xeral de Protección de Datos se comunicarán ao resto das entidades do proxecto para a tramitación do resultado da mesma.

Igualmente as persoas interesadas poderá dirixir dita solicitude directamente aos/ás Delegados/as de Protección de Datos de calquera das entidades responsables do tratamento que teñan a obriga legal de designar unha persoa con estas funcións: dpd@uvigo.gal, dpd@udc.gal, dpd@usc.es

Así mesmo, se as persoas interesadas consideran que non son atendidos os seus dereitos, poderán presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD)

Información adicional de protección de datos: