Portas Abertas | O seminario de Estudos Galegos: aprende xogando!

Organiza | IEGPS (CSIC)
localización | Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (San Roque, 2)
Horario | 17.00 H

O Seminario de Estudos Galegos: aprende xogando!

Neste obradoiro a rapazada descubrirá o Seminario de Estudos Galegos (de recente centenario) dun xeito moi dinámico e entretido a través de diversos xogos e actividades. Falaremos desta institución cultural creada por estudantes e intelectuais galeguistas no ano 1923 co obxectivo de estudar dun xeito sistemático e científico “todas aquelas cuestións que afecten á vida de Galicia”. Desde os restos arqueolóxicos á lingua, desde a historia ata as estrelas, desde as tradicións e o folclore ata a fauna… todas estas cuestión, do máis variadas, foron obxecto de interese para os homes e mulleres que formaron parte e promoveron o SEG.

Duración estimada: 1.5 h
Público xuvenil (9 – 13)
Inscrición previa | divulgacion@iegps.csic.es