A Coruña
18.00 a 21.00 h
Presencial
Público familiar
Prazas: Acceso libre
LUGAR | Praza de María Pita (A Coruña)
ORGANIZA | Centro Oceanográfico de A Coruña
Obradoiro organizado por Mónica Castaño Carrera, Joaquín Valencia Vila e Manuel Vázquez Brañas.
A través de amenas experiencias coñeceremos algunhas curiosidades científicas da física e química mariña. Explicaranse procesos como a distribución da temperatura nos mares, a medición da salinidade ou o fenómeno das mareas, que resultan determinantes no movemento das augas mariñas. Por outra banda, coñeceremos a problemática da acidificación dos océanos, así como a importancia dun fenómeno oceanográfico apenas coñecido para o gran público: o afloramiento de augas profundas. Ademais no posto contaremos con coleccións de organismos mariños, aparellos oceanográficos e moitas sorpresas máis.