A noite galega, evento asociado ás MSCA

A Noite europea das persoas Investigadoras é un evento de divulgación científica promovido pola Comisión Europea, asociada ás Marie Sklodowska Curie Actions (identificador da convocatoria HORIZON-MSCA-2023-CITIZENS-01. Marie Sklodowska Curie Actions European Researchers’ Night 2024-2025). Este ano 2025, Galicia únese por quinta vez ás preto de 400 cidades europeas que tamén celebran actividades no marco desta iniciativa europea.

En España son sete os proxectos financiados pola Comisión para os anos 2024 e 2025 e outros dous que acabaron o estatus de eventos asociados, sendo un deles a Noite galega das persoas investigadoras, que se desenvolve cos recursos propios das entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia.

A Noite galega das persoas investigadoras 2025 ofréceche, o 26 de setembro, máis de 200 actividades gratuítas nas que os investigadores e as investigadoras das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos darán a coñecer o seu traballo á cidadanía. Esta iniciativa serve para conectar a investigación coas persoas, poñendo en valor a importancia das súas achegas para o avance social. O programa desta terceira edición está composto de experimentos, talleres, demostracións, experiencias, rutas, representacións teatrais e moitas máis actividades de divulgación e lecer científico.

 

España

A Noite dos Investigadores /as en toda España: https://lanochedelosinvestigadores.es/