ESPAÑA
A Noite europea das persoas Investigadoras é un evento de divulgación científica da Unión Europea, asociada ás Marie Sklodowska Curie Actions (identificador da convocatoria HORIZON-MSCA-2023-CITIZENS-01. Marie Sklodowska Curie Actions European Researchers’ Night 2024-2025). Este ano 2024, Galicia únese por cuarta vez ás preto de 400 cidades europeas que tamén celebran actividades no marco desta iniciativa europea.
En España son catro os proxectos financiados e dous os que acabaron o estatus de eventos asociados, sendo un deles a Noite galega das persoas investigadoras, que se desenvolve cos recursos propios das entidades que integran o consorcio e co apoio da Xunta de Galicia.
A Noite galega das persoas investigadoras 2024 ofréceche, o 27 de setembro, medio cento de actividades gratuítas nas que os investigadores e as investigadoras das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña e organismos de investigación galegos darán a coñecer o seu traballo á cidadanía. Esta iniciativa serve para conectar a investigación coas persoas, poñendo en valor a importancia das súas achegas para o avance social. O programa desta terceira edición está composto de experimentos, talleres, demostracións, experiencias, rutas, representacións teatrais e moitas máis actividades de divulgación e lecer científico.
Queres saber máis?
A Noite dos Investigadores /as en toda España: https://lanochedelosinvestigadores.es/