Tarde de portas abertas | INCIPIT

Santiago
Horario | de 17.00 a 19.00 h
Público xeral | Inscrición previa: valorizacion@incipit.csic.es
Presencial

Prazas limitadas con reserva previa

LUGAR | INCIPIT
ORGANIZA | INCIPIT-CSIC

Convidámoste a descubrir como a ciencia e o patrimonio se entrelazan a través dunha experiencia única. Comezaremos no Arqueoplanetario, unha cúpula envolvente que nos achegará ao mundo da arqueoastronomía, revelando como as antigas civilizacións interpretaban o ceo. 

A continuación, entraremos no Laboratorio de Arqueoloxía Patrimonial, onde se estuda o pasado a través de disciplinas como a bioloxía, a física, a antropoloxía forense ou a arqueoloxía. Aquí verás como se rexistra, analiza e interpreta o patrimonio cultural dende múltiples perspectivas científicas.

Para rematar, visitaremos o proxecto XSCAPE – Mentes Materiais, onde se explora como a mente humana se ten relacionado co mundo material ao longo da historia. Presentarase a innovadora metodoloxía, que convida a reflexionar sobre como pensamos, creamos e habitamos o noso entorno. 

Inscrición previa: valorizacion@incipit.csic.es