Unha inmersión no mundo da enxeñería e das matemáticas (Grupos escolares de 9 a 12 anos)

Ferrol
10.00 a 11.30 h, 11.30 a 13.00 h
Presencial
Grupos escolares de 9 a 12 anos

Prazas: 25 en cada quenda

LUGAR | Edificio de Talleres Tecnolóxicos e CIT – Centro de Investigacións Tecnolóxicas, Ferrol
ORGANIZA | CIT Ferrol

Nesta sesión, visitaranse os seguintes talleres: “A luz que cambia a materia” onde se amosarán aplicacións que empregan tecnoloxía láser, “Bancos de ensaios ciberfísicos: conducir coches virtuais para ensaiar motores reais” no que se verá como se proban motores para coches, empregando simuladores de condución e, finalmente, “Surfeando por superficies cuádricas e como evitar unha colisión entre elas” no que se poderá comprobar como as matemáticas están moi presentes na vida real e como poden axudarnos a resolver problemas moi interesantes.

RESERVA DE PRAZA

*esta ligazón conduce a unha páxina allea á Universidade de Vigo. Por favor, non esquezas consultar a política de protección de datos da mesma.