Xogar e aprender no laboratorio (Grupos escolares de 6 a 9 anos)

Ferrol
10.00 a 11.30 h, 11.30 a 13.00 h
Presencial
Grupos escolares de 6 a 9 anos

Prazas: 25 en cada quenda

LUGAR | CIT – Centro de Investigacións Tecnolóxicas, Ferrol
ORGANIZA | CIT Ferrol

Nesta actividade, os máis pequenos asistirán aos seguintes talleres: “Navegando por un mar en miniatura: modelos de barcos a escala na canle de ensaios” onde aprenderán de forma práctica por que flotan as cousas e que é unha canle de ensaios de barcos a escala, “Como voan as cousas: cara a avións máis seguros e eficientes” no que visitarán o tunel de vento do CIT no que se poden estudiar, por exemplo, as ás dos avións. E a visita pecharase co taller “Polímeros sostibles para a impresión 3D. É un desperdicio? Non, é un polímero 3D” no que verán como se poden imprimir pezas con impresoras 3D, e coñeceran materiais que poden empregar estas impresoras.

RESERVA DE PRAZA

*esta ligazón conduce a unha páxina allea á Universidade de Vigo. Por favor, non esquezas consultar a política de protección de datos da mesma.