Xornada de portas abertas | IIM-CSIC

Organiza | IIM
Localización | Instituto de Investigacións Mariñas (Eduardo Cabello, 6)
Público | Comerciantes do Concello de Vigo implicados no proxecto Escaparates Oceánicos 2025

Portas abertas ás Tendas Oceánicas de Vigo

Xornada de portas abertas dirixida ao persoal dos comercios de Vigo que formaron parte da iniciativa ESCAPARATES OCEÁNICOS 2025, poñendo os seus locais a disposición da ciencia mariña. As persoas participantes nesta actividade coñecerán de primeira man as principais liñas de investigación do centro e visitarán algunha das unidades de apoio ao traballo científico do IIM. A visita incluirá a estrea do audiovisual ESCAPARATES OCEÁNICOS 2025 e un recoñecemento á participación de todas as tendas.