Obradoiros no CIS Tecnoloxía e Deseño: Slime lab e Exploradores virtuais

Ferrol
10.00 a 13.30 h
Presencial
5º-6º Educación Primaria

PRAZAS: 60 (30 estudantes por obradoiro). PRAZAS CUBERTAS.

LUGAR | CIS Tecnoloxía e Deseño. A Cabana, s/n (Ferrol)
ORGANIZA | Axencia Galega de Innovación. CIS Tecnoloxía e Deseño

Organízanse dous obradoiros de maneira os estudantes poidan participar en ambos.
Os estudantes asistirán aos dous alternando as sesións.
Primeira sesión (10.00-11.30 h). Segunda sesión (12.00-13.30 h).

Obradoiro “Slime lab. Do laboratorio ao mercado”

Partindo da curiosidade e interese que esperta en nenos e nenas o slime, investigaremos as propiedades dos fluídos non newtonianos e buscaremos as melhores fórmulas para obter un resultado “profesional”. Unha vez obtida a nosa receita, pasaremos á fase de desejo da imaxe corporativa e o packaging do produto, mentres descubrimos todo o proceso que implica a comercialización do produto.

Contidos do obradoiro:

  • Presentación
  • Desenvolvemento dos produtos. Explorarase o traballo experimental que se leva a cabo no laboratorio creando diferentes fórmulas de slime utilizando diferentes ingredientes.
  • Comercialización. Levaranse a cabo os pasos necesarios para a comercialización do produto:
    • Estudo de mercado
    • Naming
    • Deseño gráfico
    • Packaging
    • Prezo de venda

Duración: 90 min.

Obradoiro “Exploradores virtuais”

Utilizando distintas ferramentas, o alumnado poderá coñecer de primeira man o potencial das tecnologias de Realidade Aumentada e Realidade Virtual. A través de pequenos retos e desafíos, converterance en creadores de contidos, que nos permitirán crear pequenos proxectos de innovación educativa baseados en AR e o marcador Merge Cube.

Contidos do obradoiro:

  • Presentación da actividade e os seus contidos.
  • Que é a AR? Breve historia da Realidade Aumentada e os seus diferentes ámbitos de aplicación
  • Probando a AR. Utilizando tablets, probarán diferentes aplicacións de AR para valorar os seus pros e contras
  • Merge Cube. Aprenderán a utilizar o cubo e as posibilidades que ofrece, para iso, probarán distintas aplicacións.
  • Proxecto educativo. Por equipos, utilizando Cospaces. Cada grupo de estudantes creará un proxecto educativo para a área de ciencias utilizando realidade aumentada e Cospaces.
  • Presentación de filtros e reflexión final sobre os usos e aplicacións das novas tecnoloxías.

Duración: 90 min.