Vigo
29 de setembro de 2023
17:00 a 21:00 h
Presencial
Público xeral
PRAZAS: ACCESO LIBRE
LUGAR | Casa Galega da Cultura, Praza da Constitución
ORGANIZA | Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC)
Persoal investigador e técnico do Centro Oceanográfico de Vigo compartirá o seu traballo coa sociedade a través de sete talleres científicos.
Estes talleres, a modo de pequenos laboratorios, permitirán que público de todas as idades poida mergullarse de forma práctica e amena en temas nos que traballa o IEO como a contaminación mariña, o fitoplancto tóxico, a oceanografía, a reprodución dos peixes ou a acuicultura. Os talleres, ademais de permitir que o público asistente descubra de primeira man o traballo que realiza o IEO, a finalidade coa que se leva a cabo e os desafíos que se lles presentan, tamén permitirán que os asistentes poidan interactuar co persoal que desenvolve estas actividades.