Ferrol
Presencial
Público escolar e familiar
PRAZAS | Varias quendas de 10 prazas. Ver +info.
LUGAR | Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (Edificio CITENI – planta baixa e 1º andar) · Campus de Esteiro.
ORGANIZA | CITENI, Universidade da Coruña.
Descrición do obradoiro
Esta actividade proporcionará unha introdución ás aplicacións da tecnoloxía láser baseadas nas propiedades dos raios láseres, incluídos os seus modos de operación: funcionamento continuo de ondas e operación pulsada. A actividade pecharase cunha pequena demostración de fabricación asistida por láser.
+info
Sesións escolares de 10 a 14 h. Inscrición previa requerida no correo comunicación.citeni@udc.gal.
Sesións abertas ao público xeral de 17 a 20 h. Entrada libre ata completar capacidade.
Reserva a túa en: http://citeni_udc.eventbrite.com